Criterios de acceso
- Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES que outorgue o acceso a ensinos oficiais de posgrao.
- Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.
- Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, non homologado, pero que acredite un nivel equivalente a un título universitario de grao dentro do EEES e que faculte, no país de expedición do título, para o acceso aos ensinos de posgrao. Para iso, cómpre un informe favorable do servizo da Universidade de Vigo responsable da formación permanente e a autorización da dirección académica, todo iso en función do programa de estudos do título estranxeiro e da documentación académica achegada pola persoa solicitante. O devandito informe e a autorización non terán, en todo caso, efecto sobre posibles homologacións das titulacións presentadas polas persoas candidatas.
Requirimentos de acceso aos títulos modulares
- Cumprir os requisitos de acceso ao título de experto.
- Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.
- Ser profesionais de recoñecida e de acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa vixente.
Documentación requirida:
- Título académico
- Expediente académico
- Experiencia profesional
- DNI
Criterios de selección
- Expediente académico: 90%
- Experiencia profesional: 10%
Prezos*
- Público en xeral: 200 €
- Alumni UVigo: 180 €
- Comunidade UVigo: 170€
* As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
